Loading...
23.12.10

Anagrama pasa a mans de Feltrinelli

Acabo de ler en Rede de libros  e Xornal que Anagrama deixará de estar en mans de Gonzalo Herralde e vai ser vendida a Carlo Feltrinelli. O membro desta rede social, da que debería ter falado antes, mea culpa, enlaza unha nova publicada polo xornal El País. Aínda que hai quen ve neste proceso un sinal alarmante, teño esperanza de que Feltrinelli, un home que ten experiencia no traballo da edición e uns principios que poden ser semellantes aos que impulsaron a creación de Anagrama, saberá conservar a esencia que fixo desta editora independente catalana un referente para os lectores en castelán. O acordo xestado hai máis dun ano, foi subscrito estes días e prevé que Feltrinelli vaia facéndose gradualmente cunha porcentaxe maior da empresa ata chegar ao 49% en cinco anos. NEste periodo Herralde e Eulália Gubern dirixirían a empresa. Despois deses cinco anos, Feltrinelli faríase coa totalidade das accións, segundo recolle ABC.
De Feltrinelli coñezo algunha das súas librerías, especialmente a de Boloña, situada en pleno centro da cidade, fronte a Due Torri, e caracterízase por ter certo coidado na elección do fondo. Quizais puidese poñerlle algún pero á sección infantil, pero non imos ser mixiricas. Ademais desta ampla rede de librerías, é editor desde que o seu pai deixara nas súas mans a empresa que fundara para pasar á loita armada durante os anos de chumbo italianos ata a súa morte.Por certo que o libro que Carlo editou sobre o seu pai pode atoparse no catálogo de Anarama. Predestinados.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP