Loading...
9.11.10

A morte encadeada

Sen deixar que a libreira o rexistre, abro un libro que nunha primeira lectura fascíname. Portada limpa en fondo vermello. Unha especie de anguía coa cola na boca enmarcao título do libro e aos autores. Os autores non os coñezo. Os títulos de crédito na parte posterior acláranme que se trata dun libro polaco e os autores parece que forman parte dun estudio de deseño.

¿Quién come a quién? quizais precise dun tempo para asentar e facerse co seu lugar no pequeno número de álbumes infantís que tratan un tema tan delicado como o que este trata. Tendo en conta ademais que é un libro sobre a cadea trófica, as relacións que se dan entre os seres vivos, etc. Reúne case todas as cualidades para que moita xente fuxa del: trata sobre a morte, está ilustrado en tinta negra e ten moi pouco texto. Pero eu non aprecio nesas cualidades algo negativo, prescindible ou menosprezable. 



Imaxes extraídas do Blog de Los libros del zorro rojo

Trátase dun libro que ademais de ser informativo, recorre a algúns recursos habituais da literatura infantil, como son o encadeamento e a estructura circular. Non fala do aspecto tráxico da morte, senón como un suceso habitual. Como as cousas sempre teñen un por qué, e a morte ten un significado biolóxico e ecolóxico no que todos formamos parte dun entramado que fai que a vida siga adiante. 
Supoño que os editores cando elaboran as súas reseñas, teñen en conta os aspectos que mellor lles poden axudar a vendes os libros, que á fin e ao cabo é do que se trata, e isto é o que di o blog de Los libros del zorro rojo cando fala do libro.
Magníficas ilustraciones de gran formato y una narración sintética y dinámica que estimula el conocimiento científico, permiten comprender el proceso sin fin de la cadena alimentaria y con ella las leyes de la naturaleza que dibujan el circulo de la vida.
Do blog de Los libros del zorro rojo

Rebuscando en internet atopo outros libros destes autores (Por certo, que aínda non os nomeamos e son Alexandra Mizielińska e Daniel Mizieliński. Todos eles nunha liña que, por buscar un equivalente estético, eu faría corresponder coa que Media Vaca representou en España.  Pero de momento aquí non temos ningún.

2 comentarios:

  1. precioso libro, tamén o teño e alegrame moito ler a túa reseña, hei de falar tamén del pero aínda estou pensando que ou quen me suxire, falarei del conxuntamente dos novos dous da Kitty Crowther en los tres azules (que maravilla) e algún máis sinxeliños e preciosos. Leote sempre.

    ResponderEliminar
  2. Xa había tempo que non vía ningún comentario teu. Alégrome de que sigas ladrándolle á lúa.
    Acabo de ver o comentario despois de pasar uns días fóra. Recibín o aviso de que estaba posto. Sabía que a unha persoa do gusto que demostras, este libro non che pasaría desapercibido.

    ResponderEliminar

 
TOP