Loading...
22.10.10

RECUPERANDO LECTURAS

Ultimamente ando a voltas con libros que teñen algún tempo: Kastner, Dahl, Nostlinger, Gripe... Busco certa distancia coa literatura actual, recuperar a forma de escribir e, sobre todo, os temas que estes mestres utilizaron para conquistar a varias xeracións de lectores. Neste momento, están inxustamente olvidados, arrinconados polos Gerónimos Stilton e demais sagas de libros polo estilo.
Empezo por "El dedo mágico", un libro que tiña dormido nun andel dos que xa hai tempo que non visitaba, e que trato de reler, xunto a outros dos autores que mencionei ao inicio da entrada. 
Comparte este libriño moitas cousas cos demais libros do autor: a crítica á escola, o emprego do humor como unha forma de achegarse á realidade e de achegar os personaxes aos lectores, a estrutura sinxela e unha prosa fluída e de fácil lectura, e un final feliz.
O resultado, un libro que os lectores, unha vez que o coñecen, devoran e que os leva a outros libros do autor. Por exemplo, "La jirafa, el pelícano y el mono" ou "El vicario que hablaba al revés", que se dirixen a lectores de idades semellantes aos de "El dedo mágico". 
A principal diferenza que atopo entre estes libros de autores dos anos setenta e oitenta e moitos dos actuais, é que a pesar de tratar en moitos casos temáticas complexas, sempre o fan desde un punto de vista que ao lector non lle resulta imposible seguir. Moitos autores actuais creo que non adoptan un punto de vista razonable nas súas obras. Por veces infantilizan innecesariamente os textos, mentres en outras, pola contra, o que fan é empregar un formato infantil para realizar un tratamento adulto. Creo que o importante de Konrad, ou de Papá de noche é que non ocultan nin dulcifican nada, pero si o poñen ao alcance dos lectores novos cunha linguaxe e uns recursos literarios que lles axudan a coñecer aquilo que nos tratan de contar.


Enlaces
Reportaxe de Babar sobre o autor
Artigo de The New Yorker
Roald Dahl e o cine, un artigo de Imaginaria

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP