Loading...
31.10.10

Pois que vivan!

Un grupo de 50 creadores xuntáronse hai algúns meses nunha iniciativa da Asociación de Diseñadores Valencianos na que pretendían darlles a vida aos touros, obrigarse e obrigarnos a facer unha reflexión. Nesta iniciativa participaron algúns dos máis destacados ilustradores. Quizais a polémica sobre as touradas nalgúns territorios, coa sensibilidade a flor de pel que caracteriza os ibéricos, esperte o interese da xente en ver como os artistas converten a súa visión dese espectáculo nunha obra de arte. Como di o subtítulo, trátase de "cartells per a la reflexió" e o texto no que presentan a exposición que aparece colgado na súa web, parten do principio do respecto a todas as opinións.
Os promotores están buscando espazos en Pontevedra e Coruña para expoñer a coleción. En tanto, os valencianos e os viaxeiros poderán visitala na Sala Estudi General da Universidade de Valencia a partir do día 4 de novembro.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP