Loading...
8.10.10

A difícil fronteira


Acabo de ver un libro de Irene Nemirovsky nun andel de literatura xuvenil. Bótolle a man e marcho con el. Envolto no silencio e na noite, abro as primeiras follas. Non podo deixalo. Pregunto, por qué este libro está nun andel de literatura xuvenil? Porque o protagonista é un rapaz? Porque o publicou unha editorial que o tratou coma un libro xuvenil? A LITERATURA absórbese en cantidades enormes canto máis sea avanza na lectura. As concesións á facilidade, a infantilización da linguaxe e da construción narrativa, nulas. Entón por que está clasificado como xuvenil?
O protagonista narra a súa experiencia desde unha perpectiva totalmente realista, non se perciben moitas pegadas do que habitualmente atopamos na literatura xuvenil ao uso neste momento. Ambientada nun porto ucraíno do Mar Negro. Escrita cando tiña 24 anos, amosa unha escritora de madurez precoz. Non lín a Suite francesa, un libro que foi un gran acontecemento editorial e que chegou a un gran número de lectores, polo que o meu coñecemento da autora redúcese a esta noveliña traducida por Miguel Azaola, un tradutor do que vin moitos e excelentes traballos na literatura infantil dos tempos de Altea e dos anos iniciais de Alfaguara infantil y juvenil (Cuanto cuenta un elefante, Cuentos en verso para niños perversos, La aventura formidable del hombrecillo indomable, etc.). Rectifico a miña ignorancia recurrindo a internet para atoparme cunha vida breve, pero intensa. Vexo que o azar tivo unha importancia moi relevante á hora de coñecer a súa obra, tras a súa morte no campo de concentración de Auschwitz aos 39 anos, pois do coidado de dúas fillas cativas en coidar dunha maleta cos seus escritos, dependeu o coñecemento dunha parte da súa obra literaria.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP