Loading...
29.10.10

Beatriz Giménez

"Los versos que huyeron del libro tonto" é o título do poemario desta autora madrileña que acaba de ser galardonado co III Premio Ciudad de Orihuela, que este ano estaba dotado con 14000 euros. 
153 traballos optaban ao galardón. Moitos de países latinoamericanos e algún desde Hungría. O xurado valorou á hora de concederlle o premio por maioría que se trata de “un texto circular que invita ao xogo poético de principio a fin, onde a maxia dos versos se desparrama perdéndose por aire, mar e terra, e onde os personaxes, simpáticos, divertidos e alegres, buscan a poesía ata atopar un final que pecha o texto, aproximando o libro ás mans do lector”.
Beatriz Giménez publicou varios relatos literarios e colabora coa revista de poesía Nayagua. Entre os galardóns recibidos figuran o XI Premio Internacional Círculo Cultural Faroni de Relato Hiperbreve e o primeiro premio do VII Certame Emilio Murcia do Concello de Villatoya; foi finalista do XI Premio de Relatos El Fungible. Tamén adapta textos dramáticos para teatro escolar.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP