Loading...
10.9.10

Presentación de O burato do inferno


Mañá, venres día 10 de setembro, preséntase no Museo do mar de Vigo esta obra de Xosé Manuel e Ramón Trigo publicada por Faktoría K de libros. Trata a historia dun raqueiro, pirata da costa, que morre e deixa ao seu fillo o encargo de lavar a conciencia restituíndo parte do mal que realizou.
Ramón Trigo, ilustrador entre outros de O pirata Pata de Lata e Casa vacía, crea neste cómic un ambiente envolto no misterio e na bruma. O guión corresponde ao seu irmán, que con reazos difusos retrata a vida de Bieito o Lindo, un vello pirata que tenta recompoñer a través do seu fillo as vidas que crebou.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP