Loading...
14.9.10

Os libros electrónicos

Os lectores electrónicos están chegando moi pouco a pouco. O que moitos quixeron vender coma o regalo do Nadal do ano pasado e do anterior non acaba de cristalizar. Os esforzos de moitos medios por vendelos son ímprobos. Por esta banda do mundo tamén andan a idear o xeito de non perder pé no mercado de libros electrónicos. Andan a proxectar versións de libros infantís para os novos lectores electrónicos. O interese destes novos medios está en saber se os editores e desenroladores van atopar o xeito de facer versións creativas que se adapten ao medio sen ser unha mera traslación á pantalla do libro, nin caer no entretemento que non aporta nada á lectura.
Moitos lectores non se atreven a entrar nesta nova realidade ante o temor á incompatibilidade entre os diferentes fabricantes. Os seguidores de Apple quéixanse do prezo excesivo do Ipad. O Kindle e outros lectores teñen certas diferencias sobre os formatos que se poden ler nos equipos. Hai pouco presentáronse equipos a prezos máis reducidos e con prestacións máis que interesantes. Pero para os lectores infantís queda saber que é o que lles van ofrecer.
Aquí queda este exemplo dunha Alicia para Ipad.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP