Loading...
21.9.10

LIBROS PARA COÑECER


Os libros de divulgación científica teñen unha gran demanda escolar, pero tamén familiar. Segue habendo moitas familias que todavía identifican a literatura co inútil e unicamente valoran o que produce algún tipo de coñecemento novo. Como froito diso, desde hai uns anos comezaron a producirse libros que confiaban o seu éxito a unha boa ilustración e unha información correcta. No medio de todo iso foron colándose libros de baixo custo, unha fotografía correcta e unha información moi escasa. Apostas como a de SM cos libros da colección Mundo maravilloso, importada de Francia, tiveron unha notable repercusión e a súa presenza nas bibliotecas escolares ou públicas é habitual.
En galego aínda son escasas as publicacións deste tipo. Iniciouse coa Biblioteca Compás de Edicións Xerais, que apareceu coa publicación cunha serie de libros de texto de coñecemento do medio para o ensino primario co mesmo nome. Unicamente Faktoría K de libros aposta pola produción propia na serie Animais estraordinarios que se deben á colaboración de Xulio Gutiérrez e o ilustrador Nicolás Fernández. O enfoque destes libros é moi orixinal. De feito non coñezo un tratamento semellante e a aceptación desta colección noutros países foi boa, vendéronse os dereitos a varios países europeos.
Desde hai uns mese estou mergullándome por razóns profesionais en todos os libros divulgativos para nenos que atopo e atopei un título no que as lengüetas e outros artefactos non son adornos para xustificar un prezo elevado. Ademais diso, foi o vencedor no Bologna Ragazzi do ano 2009 na categoría de libros de non ficciónEl libro de las tierras imaginadas é un título máis que interesante que nos leva a unha viaxe polo tempo e diferentes culturas para dicirnos cal era a súa concepción do mundo. Os xoves lectores van coñecer as teorías sobre a forma da Terra que elaboraron diferentes correntes filosóficas da Grecia clásica, diferentes pobos de América, Asia ou África; ideas relixiosas, etc.
Cada pestana que o lector abre contén ampliacións das ideas principais que se aportan no espazo visible da páxina, sobre a existencia de mundos subterráneos, capas e estratos diversos, inframundos
Tamén o nacemento da xeografía como ciencia que busca unha representación fiel do planeta ten o seu capítulo, e a través del percorremos as formas oblongas, esféricas, achatadas ou con enormes furados nos polos.
Tamén as ideas extravagantes están recollidas, como a do "visonario" defraudados Cyrus Teed, segundo o cal a Terra sería unha pérola dourada, con varias superficies paralelas. Nós viviriamos na superficie interna e a externa sería dourada e brillante.

2 comentarios:

  1. Gústanme moito estos dous libros dos que falas. O das terras imaxinadas encantoume, e ao meu fillo fascinoulle. O de contrutores xa forma parte tamén da miña librería, ao igual que os dous anteriores, o de "Nacer" e o de "Bocas"
    Gústame moito pasar de cando en vez polo teu blogue, e deixarme aconsellar polo teu bó criterio.
    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  2. Este é un espazo para compartir opinións e se nos atopamos nel para espoñer cadaquén a súa.
    Efectivamente os outros títulos da serie animais estraordinarios son tan bos coma este.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar

 
TOP