Loading...
21.8.10

Kalandraka no Brasil


Definitivamente, Kalandraka acaba de chegar ao Brasil. Desde hai meses víñase falando desta posibilidade sen concretar a data, pero desde o departamento de comunicación acaban de enviar un comunicado que sae hoxe publicado na prensa galega. Esta iniciativa xurde da colaboración entre a propia editora galega e Callis, algo que xa viñan mantendo desde hai máis de un ano en México.
Os primeiros títulos presentáronse con motivo da Festa Literária Internacional de Paraty e da Bienal do Livro de Sâo Paulo. Son cinco títulos entre os que están A zebra Camila, Grâo de milho, Perto, Un grande sonho e O leâo Kandinga.

Esta pode ser unha boa oportunidade para romper a ignorancia mutua que existe entre os mundos culturais brasileiro e galego; así como ampliar as posibilidades de colaboración entre os editores dunha banda e outra do Atlántico.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP