Loading...
25.8.10

Arte

En Noruega tres escolas de Hellesylt, Eidsdal e Geiranger participaron nun proxecto artístico que unía a natureza e a arte co estudo das formas de vida tradicionais, neste caso eran os granxeiros, e da importancia que ten a declaración de patrimonio da humanidade. O proxecto desenvolveuse grazas ao pulo do artista John Liland.

Tratábase de utilizar a madeira como materia prima abundante no entorno e empregala na construción dunha escultura que lembrase a forma en que os labregos poñían a herba a secar. O proxecto tivo o título de STAURGALE. A denominación fai referencia ao nome noruego dos palleiros (staur), pero staurgale é unha denominación humorística do caos, a loucura. Cada unha das esculturas que crearon os nenos das tres escolas, foron trasladadas ao Norsk Fjorscenter con motivo do quinto aniversario da declaración desa zona como patrimonio da humanidade pola Unesco.

O interesante do proxecto, visto desde fóra,  está na idea da expresión artística do que se parte. Algo que une todo o traballo sobre o coñecemento do entorno cun concepto contemporáneo da arte.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP