Loading...
10.7.10

Unha execelente narración gráfica




A Faktoría K de libros vén de sacar á rúa un cómic do autor canadiano Guy Delisle, coñecido por obras coma Pyongyang, que tiveron un gran recoñecemento a nivel internacional, preséntase por primeira vez unha obra súa en galego, Luis vai á praia, cousa que unicamente ten importancia na portada do libro, posto que é unha narración exclusivamente con imaxes. Conta a historia dun día que comeza co desexo do protagonista de ir á praia e como busca a forma de espertar o seu pai. Ao longo da xornada de praia Luis vive mil e unha peripecias contadas con humor e un gran sentido da observación procedente do tempo compartido por Delisle cos seus propios fillos e das súas lembranzas da infancia.

Na miña opinión a gran virtude deste cómic, e o que fai que sexa unha estupenda lectura para os pequenos e os maiores, é a excelente secuenciación narrativa e os acertados puntos de vista que adopta o autor para contar unha historia de xeito tan efectivo.

Non teño a menor dúbida en recomendarvos esta lectura compartida cos vosos fillos ou para eles en solitario. Gustaralles.

Queres ver un pouco de Luis vai á praia? preme aquí

1 comentarios:

 
TOP