Loading...
10.7.10

Matilde Rosa Araújo foise


Acabo de coñecer o pasamento de Matilde Rosa Araujo, unha escritora portuguesa, quizais a primeira, que me fixo descubrir os maravillosos poetas para nenos que empregaban a variedade do sur da nosa lingua.

Triste, convídovos a descubrir as lenga-lengas, os poemas co abecedario, o xigante Adamastor, a nao Caterineta que ten tanto que contar... A Maria Alberta Meneres, Luísa Ducla Soares, Alvaro Magalhaes, Mário Castrim...

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP