Loading...
12.6.10

Os contos populares e Bernardino Graña na Real Academia Galega

O escritor Bernardino Graña fixo o seu discurso de entrada na RAG centrándose no conto popular e adefensa da lingua galega. Baixo o título de Os contos populares e Rosalía, percorreu a parte da súa obra escrita para nenos e relacionouna cos contos que escoitou sendo neno, cos que os seus alumnos lle contaron, cos ecos que descubriu nos libros que leu e coas versión existentes noutros ámbitos lingüísticos e literarios, desde o oriente a outros países europeos. Para iso recorreu aos grandes autores que analizaron o conto ou que o compilaron, desde Basile a Afanasiev, Elena Fortún ou a Vladimir Propp. As interesantes palabras que o novo académico leu contiñan citas de libros tan importantes como Pues señor, A morfoloxía do conto, Antoloxía do conto popular galego ou diversas antoloxías dos contos populares rusos, xaponeses e indios. A resposta deulla Ramón Lorenzo, outro significado Brais Pinto, o colectivo do que o escritor cangués formou parte con outros insignes persoeiros como Reimundo Patiño, Bautista Álvarez ou o propio presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín.

Tanto o discurso do novo académico como a resposta de Lorenzo están xa publicados polo servizo de publicacións da Academia.












0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP