Loading...
27.6.10

La casa, un repaso pola historia


O último libro de Roberto Innocenti acaba de ser publicado por Kalandraka. Non vou perder o tempo en falar das ilustracións deste autor italiano porque non engadiría nada novo ao que xa dixeron moitos críticos. Pero si podo falar de como se pode dar unha lección de historia a través das imaxes, porque diso é do que trata este libro de dar unha visión dos cambios que sufriu a vida da xente en Europa no último século e medio, máis ou menos. Resulta fermoso invitar aos pequenos lectores a ler nas imaxes como a vida dos labregos se transformou e como os ciclos de poboamento e despoboamento marcaron a vida rural. Poucas veces teño visto reunidas nun libro a cualidade de ensinar e a fermosura dunha ilustración coma neste libro.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP