Loading...
6.6.10

Feira en Madrid

As primeiras semanas do mes de xuño están marcadas para os que amamos a lectura e os libros infantís, por dous acontecementos. Un, a FLM (Feira do libro de Madrid), e o outro Encontro de animadores á lectura de Pizpirigaña, coa entrega do Premio Pep Sempere.
A feira de Madrid está funcionando ben, cunha notable presenza de compradores (diso se trata, de mercar) e unha notable presenza de autores nórdicos, eles son os invitados este ano.
Asa Larsson e Camila Lackberg asinaron a un gran número de lectores da súa obra.
Tamén se podía ver a edición española do libro de Chimamanda Adichie nalgunha caseta. decepcionantes as casetas das librerías infantís, tomadas polos libros comerciais das grandes editoras. O máis interesante, as casetas das editoras e mesmo na caseta que compartía Ivory Press con outras editoriais de arte e deseño, podían verse algúns libros e xogos do deseñador italiano Bruno Munari. Entre os asinantes puido verse a Aitana Carrasco presentando o libro que ilustrou e que Manolo Rivas escribiu, Milu. Ou asinando na caseta dos editores valencinaos. Unha mañá tamén asinou Emili Urberuaga os seus. E pouco máis.
Nas casetas de banda deseñada abundante presencia de libros de zombis, curioso, non?. Polo demais, moito manga e a presenza de Escobar asinando. Chamoume a atención unha serie de libros que tiñan unha relación cos clásicos, pero que no pouco que puiden ler deles, eran unhas versións con engadidos fantásticos.
A presenza do libro electrónico non era significativa, aínda que por primeira vez estaban presentes. Días despois faríase o anuncio do acordo dunha decena de editoras españolas , agrupadas en Libranda, para comercializar en portais de internet e librerías os seus fondos neste formato. As reaccións foron variadas, desde os comentarios negativos nos xornails dixitais, ata a acollida dos libreiros que consideran este proxecto non agresivo para os seus intereses. Léase a reportaxe que publicou El cultural.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP