Loading...
27.6.10

Con cazos na cabeza


Unha compañeira envioume un correo cunha foto deste libro e faloume marabillas del. Ao día seguinte fun á librería e púxenme a lelo inmediatamente. Este apuntamento fágoo dúas ou tres semanas despois da primeira lectura e teño medo a perder detalles, así que me dispoño a relelo.
A mellor forma de contar unha historia difícil é "non tomala en serio" e iso foi o que fixo Isabelle Carrier ao escribir "El cazo de Lorenzo" cuon palabras e imaxes sinxelas, tan sinxelas que como dicía Calvino nas leccións americanas, esa levedade apórtalle eficacia narrativa e trascendencia. Lorenzo ten un problema que os demais perciben como unha excentridade ou unha molestia, pero un día Lorenzo atopa unha persoa que se sitúa noutro punto de vista e convirte as dificultades do protagonista para manter unha relación normal co entorno nunha singularidade. Na historia non hai falsidades, posto que non se ocultan as dificultades que o protagonista debe salvar no seu día a día, así como tampouco hai concesións á falsas correccións política, e iso é de agradecer.

2 comentarios:

  1. a ver se o vexo mañá que veño duns días na praia e estiven desconectada, non comento sempre pero sempre te leo, bo verán

    ResponderEliminar
  2. Tiveches sorte co tempo, non?
    A min paréceme un libro cheo de sensibilidade.
    Oxalá che guste cando o vexas.

    ResponderEliminar

 
TOP