Loading...
5.5.10

Unha viaxe profunda á literatura infantil


"Naquela paisaxe a brancura era tan intensa, tan luminosa, que Xia Tenzin lembrou a Dode, o seu amigo cego. Cando este preguntaba como era a cor branca, respondíanlle que era coma o leite, e el replicaba: "Logo, derrámase?"; cando lle contaban que era coma as nubes, el sorprendíase: "Entón, voa?"; e cando lle dicían que era coma a neve, el preguntaba: "Logo, é frío?". Xia Tenzin sentiu un calafrío que lle pasou dende a cabeza ata o dedo pequeno do pé e sentiu que lle faltaban palabras para explicar tanta beleza." "El maravilloso viaje de Xia Tenzin" - Patxi Zubizarreta A literatura infantil na súa orixe é unha viaxe iniciática na que o protagonista volve transformado. E Zubizarreta segue ao pé da letra as propostas de Propp para ofrecer un maravilloso libro, unha lectura que deixa pegada na alma dos lectores.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP