Loading...
25.5.10

O armiño dorme mellor libro xuvenil traducido ao portugués no Brasil


Brasil acaba de concederlle o premio da Fundaçâo Nacional do Livro Infantil e Juvenil ao mellor libro xuvenil adaptado ou traducido ao portugués do Brasil no ano 2009. Algunhas webs e blogs (Consello da Cultura Galega e Galaxia entre eles) recollen equivocadamente a mención a O armiño dorme como premio ao mellor libro xuvenil publicado no Brasil.
Xosé Antonio Neira Cruz recibirá este galardón durante a celebración do Salón do libro infantil e xuvenil de Rio.
Xa teño dito que a min este libro paréceme unha das mellores obras da literatura xuvenil escritas en galego e trátase dun recoñecemento a sumar ao Premio Raíña Lupa que obtivo no ano 2002.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP