Loading...
14.4.10

A familia C Premio Compostela


Hai uns días deuse a coñecer o Premio Compostela de álbum ilustrado que outorgan o concello de Compostela e a Kalandraka. Este ano o premio foi para A familia C, obra da que son autores Pep Bruno, texto, e Mariona Cabassa, ilustracións. Estes dous autores teñen realizado máis traballos conxuntamente (Conto para tomar un ovo frito ou Libro de contar).
O xurado acordou mencionar dous títulos como finalistas, "Manual do bo paseante. Descrición en vinte pasos" de Raimon Juventeny e "Bailar nas nubes" de Vanina Starkoff.
É o primeiro premio peninsular que se concede porque, como ben lembraredes, o primeiro ano foi un libro de Natalia Colombo (Arxentina) e o segundo foi para o mexicano Felipe Ugalde. Polo pouco que se ve no blog da editorial, as estéticas tamén son diverxentes cos premios anteriores e entre os títulos que se van publicar da edición actual.

2 comentarios:

  1. creo que me vai gostar moito porque son bastante fan de Mariola Cabassa. O primeiro ano sorprendeume moito o premio, a historia paréceme fermosa e sorprendente pola súa sinxeleza, pero preguntome cantos libros quedaron fora do premio. A verdade é que sempre me pregunto iso aínda que o premio sexa merecido, agás co último libro de Kalandraka: Dióxenes de Pablo Albo e Auladell, marabillosa historia.
    O segundo ano a pesar da maestría do gañador non é que me entusiasme, quizais os meus nenos crecen e xa esperamos outro tipos de texto. O dos premios non sempre vai co gusto dun pero achéganos xente que non coñeciamos, encantada cos finalistas, nin idea de quen son, eu de Mariona espero o mellor...

    ResponderEliminar
  2. Eu estou de acordo, a min o último premio tampouco me emocionou. Sigo pensando que o problema está en que hai persoas que consideramos que o álbum é infantil e outras persoas teñen un concepto máis amplo. Eis o choque que nos producen moitas veces os álbumes que atopamos.
    Preguntarse polos libros que non recibiron o premio, é unha cuestión intelixente. Ao meu entender, Ovelliña dame la ou O tempo voa son libros máis interesantes e ilustrativamente más interesantes, sobre todo Ovelliña dame la, e sen embargo son mencións da edición do ano pasado.

    ResponderEliminar

 
TOP