Loading...
27.4.10

El domador de sueños

El domador de sueños(Kókinos) é un entramado onde un non ve onde remata o libro e comeza o autor ou viceversa. Os soños, léase a literatura, ten como única e fundamental función facer felices aos demais. O soñador non ten soños, pero ten a imaxinación para converter en soños as fantasías e as fantasías en nunha manifestación do desexo.
Contaba Mújica Láinez en Bomarzo como ao pequeno Orsini lle explicaran que a orixe do seu apelido era a valentía dun antergo ao enfrontarse cun oso (urso, orso, Orsini). O protagonista dirá que non lle importa se a historia é certa ou non porque para el é unha realidade posi foi a única que escoitou desde a súa infancia. E aos personaxes deste conto pásalles algo semellante. A forza de soñar e de contar que o camareiro é director de orquestra, será para todos os seus veciños un director de orquestra.
Obrigado a ser ilustrado en planos fundamentalmente longos para poder recoller os elementos simbólicos necesarios e realizar a narración gráfica sen ter que recorrer a un número maior de páxinas, emprega texturas variadas dentro dun tono cromático bastante uniforme e pouco estridente.
Nicolai Troshinsky, autor do texto e a ilustración, é un dos artistas máis interesantes en España, acaba de ilustrar Un mundo raro (Kalandraka) e anteriormente os contos rusos de Afanasiev (Anaya) ou El capitán no recuerda su nombre (La Galera)

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP