Loading...
30.4.10

Ano da lectura? Congreso do Ibby?

O ano 2010 seica é o ano da lectura, alguén o nota? O que tanto criticou o actual partido gobernante, ás veces con razón con respecto aos criterios de gasto do anterior goberno, reprodúcese agora cos criticantes no poder.
En setembro vaise celebrar o congreso do IBBY en Compostela e ademais de certos cambios no organigrama que pasaron desapercibidos sen que a maioría saiba a explicación dos mesmos, todo discorre por un camiño de silencio. Ninguén di nada, ninguén pregunta e ninguén se explica. Galix pulula pola literatura infantil galega convertida nunha camarilla case anónima na que moitos dos socios non saben nin que fai nin para que serve.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP