Loading...
15.4.10

ABCdarios


A saída dos alfabetos de Kalandraka ou o abecedario de Marion Bataille en Kókinos, espertou a curiosidade dos lectores por este tipo de libros e entre moitos editores e autores o desexo de facer libros deste tipo. As diferencias entre uns e outros son grandes, así coma o concepto alfabético que cada un deles aporta. Bernardo Atxaga publicara en Media Vaca "Abecedario sobre la literatura infantil," este si un auténtico abecedario en comparación co libro que motiva esta entrada, no que reflexionaba sobre a literatura infantil. Nórdica libros acaba de sacar un ABCdario ramoniano no que o visual e o literario van da man, pero non no mesmo plano. Nunca fun namorado das ilustracións de Noemí Villamuza, como tampouco o fun dos textos de Antonio Ventura, pero aprecio que neste libro a ilustradora realizou un traballo magnífico no conxunto, aínda que con algunha imaxe que desentona, e que acerta na recreación das imaxes literarias. Creo que ningún outro traballo da ilustradora está á altura deste, deixo fóra desta apreciación "El festín de Babette" porque a ilustración é neste libro secundaria.
Ventura pecaba en moitos dos seus libros anteriores de xogar no baleiro, de crear artificios sen latexo literario que sonaban máis ben grandilocuentes. Na meirande parte deste libro non se aprecia ese defecto o que fai que se lea con maior pracer e disfrute do xogo poético que o autor lles propón aos lectores. Seguro que nos obradoiros de escrita apreciarán as oportunidades e modelos que este libro pode aportarlles.




Texto: Antonio Ventura
Ilustracións: Noemí Villamuza
Páxinas: 72
ISBN: 978-84-92683-18-5

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP