Loading...
20.3.10

Enchendo os espazos en branco


Por segunda vez, Xosé Antonio Neira Cruz aborda a realidade histórica a partir dunha ollada sobre a arte. Fixera un excelente exercicio narrativo coa publicacion d'O armiño dorme.
Agora acaba de facer algo semellante no último libro que vén de publicar a editorial Galaxia cun notable esforzo por facelo visible nas librerías.
O libro conta unha pequena historia a partir do cadro do Matrimonio Arnolfini de Jan Van Eyck (1.434). Na parede onde se atopa o espello, hai unha inscrición que di Jan van Eyck estivo aquí. Esta frase dá título a este libro, ben escrito, que conxuga moi ben a historia relativa ao cadro coa do fillo de van Eyck, chamado tamén Jan, que lle dá pé para crear os elementos literarios imprescindibles para que esta historia teña interese.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP