Loading...
14.3.10

Dilluns poètics

Desde hai varios anos vense desenvolvendo en Alicante unha iniciativa tan curiosa coma fermosa baixo o título de Dilluns poètics. A cousa é que todos os luns, cando chegan á escola, os alumnos de varios colexios reciben un poema. Pero a iniciativa non queda pechada ao entorno escolar, senón que os clientes das panaderías, pastelerías reciben tamén o seu poema. Se fermoso é o contido, non é menos a presentación, cunha estética e plástica exquisitas.

Por iso o xurado do IV Premio Pep Sempere, en nome da Asociación Pizpirigaña, decidiu outorgarlle o premio correspondente ao ano 2010. Como xa sabedes os que seguides desde hai algún tempo este blog, o premio non ten unha dotación económica, pois é un lote de cincuenta libros e cen quilos de cereixas. Para coñecer máis, podes ver o seu blog.
Esta idea, que se foi extendendo a outras comunidades, comezou nos colexios Lucentum de Alacante e Manuel Anton de Mutxamell, aos que se incorporou posteriormente o Colexio Público Antonio Sequeros de Benetúzar.
Felicidades a todos e que a iniciativa continúe e medre co paso dos anos.
Mentres celebro que esta iniciativa reciba un pequeno recoñecemento, acabo de ver un comunicado no que a Lonxa Literaria de Moaña, un grupo entusiasta de lectores e propiciadores de lectura, acaba de ser relegado pola Consellería de Cultura das axudas para os clubes de lectura (Que son 83 Euros para este traballo máis que unha indignidade e unha mostra da prepotencia destes aprendices de déspotas), sen que o Director Xeral de Promoción Culutral da citada consellería se dignase en darlles unha explicación das razóns desa exclusión. Tempo teremos de falar do que está sucedendo, pero quero recoller as queixas deste grupo de animadores, que levan entregado tanto tempo, tantos esforzos e tantos cartos propios para coñecer obras auotres, realizar actividades de contacontos para nenos, todas as semanas e tantas outras iniciativas.

2 comentarios:

  1. que iniciativa tan fermosa y mmm, cantas cereixas, un soño...
    e do outro que vou dicir? unha vergoña, unha mágoa, unha verdaderia mágoa por ser moi suave

    ResponderEliminar
  2. Certamente que iniciativas coma esta é botar sementes que agromarán quen sabe onde e cando, pero con certeza, que agroman.

    ResponderEliminar

 
TOP