Loading...
29.3.10

Curious George no museo

O Jewish Museum de Nova York acaba de pór en marcha unha exposición adicada a un dos personaxes máis coñecidos de literatura infantil estadounidense, o mono George. Creado por Hans Augusto Rey (ilustrador) e a súa muller Margret Rey (escritora), que a pesar do que poida parecer, non son de ascendencia hispana, senón alemana, apócope do apelido Reyersbach.

A primeira das aventuras deste simpático mono publicouse en 1941. Comeza contando a súa vida en África e a posterior captura. Está publicado en varios países, pero a España chegou tarde (2006) e cun único título.
Parece que algúns museos, no estranxeiro, comezan a darlle a relevancia artística que lle corresponde á ilustración de libros infantís.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP