Loading...
20.3.10

Chimamanda Adichie

Olivia fíxome quedar pegado á pantalla, sen despegarme, como lle sucede ao personaxe dunha novela de John Boyne cunha árbore. E estoulle moi agradecido de que me fixese o marabilloso regalo de levarme ao blog O LIVRO INFANTIL para escoitar a esta escritora nixeriana, para min totalmente descoñecida, chamada Chimamanda Adichie.
Neste discurso expresa como a literatura pode forxar unha única visión do mundo, que máis que por falsa, é perigosa por ser parcial, como ela di cando se refire aos estereotipos. É unha marabillosa conferencia, expresada con mente lúcida e verbo brillante. Poderiamos aplicar este discurso a este noso país? Alguén percibe identificacións coa nosa realidade histórica e cultural?

1 comentarios:

  1. sabíao, : ), o video vai moito contigo e co teu blog, bcs

    ResponderEliminar

 
TOP