Loading...
22.2.10

O que dura unha viaxe en avión


Pasar do inverno a un tórrido verán é posible en a penas o tempo que se tarda en chegar da terminal dun aeroporto ao interior dun avión. Nos meus cálculos entraba dirixirme a un inverno gris e húmido. Nos avións un vai á súa vida, pero a min caeume en fortuna un compañeiro de asento locuaz, quizais animado por unha botelliña de Penedés tinto. A conversa xirou arredor do que un podía esperar dunha cidade coma Londres, a meirande parte, cousas negativas que o meu veciño empeñábase en comparar co bo vivir do sur de Europa. E o que o esperaba a el na celebración do Valentine's Day. Fronte ao gusto latino por apurar os bos momentos da vida, os ingleses quedaban soamente no apurar. Isto sempre segundo el. Para que o confirmase, recomendábame sentar a determinadas horas na cafetería dunha estación para ver o desfile de androides que se dirixían ao seu destino sen ollar nada do que os rodeaba.
Despois de requerir o proxecto de viaxe, respondinlle que ademais de museos e monumentos, quería visitar librerías, o bo home púxose serio, franciu o ceño e ladeou a cabeza estrañándose de que un puidese perder o tempo en Londres vendo libros, ademais para nenos.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP