Loading...
3.2.10

Las puertitas del señor López


Non sei se Molina Foix terá lido esta obra de Horacio Altuna e Carlos Trillo. Dígoo por aquilo da polémica que provocou o artigo que publicou hai uns meses arredor da creación do Premio Nacional de Banda Deseñada. Quizais compartise comigo a opinión sobre esta magnífica obra (Estará ben adiantar o xuízo antes de dar as razóns que o sosteñen?). Non ando á última no xénero, leo cousas que van caendo nas mans por accidente, que busco porque mo recomenda algunha persoa á que lle concedo o beneficio da autoridade ou porque algún amigo ma regala e o meu coñecemento non é profundo, pero si que podo emitir unha opinión sen criterios comparados. O guión de Carlos Trillo artellado en pequenas historias de catro ou cinco páxinas, trasládanos a vida dun personaxe que vive presionado por circunstacias de todo tipo que o teñen convertido nun mudo, un ser sen opinión e que ante as agresións diversas que sofre utiliza como escapatoria as portas que se abren a un mundo imaxinario. Este recurso permítelle ao autor a utilización de diversos recursos (voltas atrás no tempo para resolver cuestións do presente, etc). Resulta incrible a partida que lle saca a este recurso aparentemente sen importancia. Ao excelente traballo de Portillo, hai que unir os deseños de Horacio Altuna que tanto lembran os de Milo Manara nas liñas da figura feminina, esas mulleres de cabelos longos e voluminosos, sensuais e evocadoras. Din que na orixe desta serie tivo moito que ver a dictadura militar arxentina e que as portas teñen moito que ver coa liberdade de expresión. En calquer caso, unha lectura interesante.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP