Loading...
24.2.10

A invención de Hugo Cabret ao cine?


Hai un rumor publicado de que Martin Scorsese está pensando a posibilidade de facer unha película do libro de Brian Selznick A maldición de Hugo Cabret, que foi publicado en castelán por SM. O libro desde logo préstase porque está escrito con visión cinematográfico e mesmo os escenarios en que se desenvolve a trama son moi visuais. A noticia aparecía no xornal The Guardian, supoño que ben informado, pois o productor da película sería inglés. Espero que Scorsese non caia na tentación de facer unha película efectista esteticamente que descuide os outros elementos da novela. Espérase que despois de que Shutter island comece a súa andaina sen necesidade da presenza do director, o proxecto empece a tomar corpo.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP