Loading...
5.3.10

Impresións da literatura infantil inglesa





Sei que moi pouco a pouco van xurdindo librerías especilaizadas en libros para nenos, pero a que coñecía non quedaba a man. Visitei varias Watterstone e a Daunt Books da Marylebone High Street e valeume para facer unha idea da situación. Hai unha palabra que define a situación da LIX nese país, esa que tanto lle gusta ao noso Conselleiro de Cultura, ensimismamento. Vaia se están ensimesmados nos SEUS autores, nas SÚAS estéticas e nos SEUS ilustradores. Como en todas as facetas da vida hai nos bos, malos e regulares que unidos a un gran potencial económico fainos presentes en todas as latitudes.


Resulta francamente difícil que un inglés coñeza os autores europeos, un pouco menos que coñeza os americanos, pero non podo nin imaxinar o que representan para eles os autores doutras latitudes. O nacionalismo malo é o que nos impide coñecer aos demais e diso vin bastante. O único libro con presenza en todas as librerías era o Delphine Chedru "Donde viven los animalitos", que xa comentei alá polo mes de abril.



A dinámica do mercado vai impoñendo as grandes cadeas de librerías con traballadores non especializados, o recurso case permanente ao ordenador, incluso cando se lles pregunta por libros clásicos do século XX da literatura infantil en inglés, pouco fondo e edicións en rústica a un prezo máis que asequible. Certo que non visitei algunha librería infantil que hai fóra do centro, pero si que visitei unhas cantas Waterstones e a Daunt Books de Marylebone High Street. Foi nesta última onde me recreei máis polo fondo máis extenso, interesante e con espazo para libros ben editados. Lástima que o tempo non me dese para visitar os andeis de contidos distintos á literatura infantil. Outro lugar onde se poden atopar uns poucos libros interesantes é na tenda da Tate Modern, con bo criterio na selección e libros de edición coidada.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP