Loading...
4.1.10

El balonazo

"Daniel empezaba a estar farto dos libros. Nada do que contaban era certo. Nos libros sempre había un rapaz que non se atrevía a escalar montañas e ao final acababa sendo alpinista". Isto é o que di o protagonista de El balonazo, de Belen Gopegui (SM). Suscribiría o mesmo con respecto ao cine, onde a dominancia do cine americano, tan dado a esas historias, condiciona o criterio dos espectadores.
A autora pon ao protagonista diante de situacións sen pretender crear doctrina, pero dicindo que o mundo non é branco ou negro e que todo ten matices. El balonazo parece unha novela sobre un neno ao que lle gusta o fútbol, pero vai máis alá diso. É unha ollada sobre as diferentes caras da vida e iso fai que este libro sexa máis interesante. A sensibilidade social apréciase, pero máis alá dos valores éticos e políticos, que os ten, aínda que os considero secundarios porque do que se trata é de que haxa literatura, estamos ante unha novela ben estructurada, e con personaxes cotundentemente ben perfilados nos que se percibe o oficio e a habilidade da autora.
Poñeríalle algún pero nun par de momentos nos que lles dá un tono algo grandilocuente coa declaración do protagonista no xulgado, a interpretación polos seus compañeiros do You'll never walk alone e esquiva no último momento a situación ideal de neno torpe que salva ao seu equipo. Pode lerse como un libro sobre fútbol, pero é moito máis ca iso. Deixa ver a idea que a autora ten sobre a literatura e ben se ve que Belen Gopegui ten pouca simpatía pola de Enid Blyton. As situacións dos libros que lemos poden ser distantes da realidade na que viven moitos dos lectores, mais existe na de outros e a autora non foxe de plantealos. Nun momento determinado, Daniel confésase canso de aldeas nas que os rapaces poden xuntarse a calquer hora do día e nos que hai máis misterios que habitantes. Pero non se preocupen os pequenos lectores porque isto é unha lectura entre liñas e moi poucos terán lido nada d'Os sete secretos ou os cinco secretos.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP