Loading...
14.12.09

Unha nova editorial

Este xoves preséntase en Madrid unha nova editorial da que xa dixemos algo hai uns meses, Libros de la mora encantada. Este novo proxecto nace da man de Federico Martín, animador á lectura con décadas de traballo ás costas na difusión da literatura; e o libreiro Juan Carlos Jímenez. Que se presenten iniciativas deste tipo nos tempos de crise que corren non deixa de ser un risco, por iso que con máis razón mereza o noso recoñecemento e apoio.
O primeiro libro que lanzan é a reedición do libro de María de la Luz Uribe e ilustrado por Fernando Krahn Cuenta que te cuento.
O acto será ás 7 da tarde na sede de Acción Educativa, pena que non poidamos estar presentes e disfrutar das palabras e actuacións de Antonio Rubio, Rodorín e os propios editores.

Sorte e avante.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP