Loading...
19.12.09

Premios na noite da edición


Trasnoito co relax de estar nas portas do Nada,l unhas datas magníficas para alongar as sobremesas familiares, os reencontros e tempo para liquidar algunha das lecturas pendientes. Son as tres da mañá e no correo vexo que me envían un enlace onde consultar os finalistas dos premios dos editores galegos.



Este ano os libros que optan ao Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil do ano son de autores tan dispares como Fran Alonso, Santiago Jaureguízr e Oli. Ningún deles se prodiga demasiado e lanzan os libros en doses pequenas.


Fran Alonso chega co libro que publicou en Kalandraka, A araña e máis eu. Un libro ilustrado fotograficamente, eis a novidade deste libro.


Leocadio, o león (OLI) é unha historia cinematográfica que retrata a inadaptación e o inconformismo. Publicado por Xerais, conta con ilustracións de Teresa Novoa


O libro de Jaureguízar non o lin polo que non podo dicir nada del como non sexa remitir á información doutros blogs e a reseña editorial.

2 comentarios:

 
TOP