Loading...
5.12.09

Marcos Calveiro premio Lazarillo


Foto: Paco Vilabarros - www.anosaterra.org

O escritor Marcos Calveiro foi premiado co Premio Lazarillo pola súa obra O pintor do sombreiro de malvas e que será publicada por Xerais.
Esta libro conta a historia dun adolescente problemático que é enviado a pasar unha tempada cunha tía vella á vila de Auvers. Alí coñece un pintor chamado Vincent do que acabará facéndose inseparable. Xuntos percorren o Val d'Oise e con el descobre moitos aspectos da vida, entre eles a morte e o amor.
Marcos Calveiro é un autor que case conta a premio por obra, O Barco de vapor ou o Aladelta foron os conseguidos con anterioridade a este.
Neste enlace de Xornal.com pódese atoplar máis información. Este premio consolida a entrada na lista de autores de seguimento obrigatorio de Marcos Calveiro, que xa fixera un sobresaliente exercicio literario en O carteiro de Bagdad.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP