Loading...
8.12.09

El hombrecito Ix

Saído da imprenta e recén chegado ás librerías, merquei o último libro de Jorge Luján, un autor do que non lin nada, aínda que lembro terlle botado un ollo a Mi cuerpo y yo e algunha outra cousa. O que me chamou deste libro foi o ilustrador Manuel Monroy. Con certa frecuencia entraba nunha páxina de ilustradores mexicanos para descubrir os traballos deste home, que aínda sendo novo (39 anos non son nada), paréceme do mellor que hai en México. A presenza de Nostra ediciones é cada vez maior nos andeis das librerías e entre un sector do úblico grazas á presenza o seu catálogo de libros que tiveron difusión en sectores minoritarios pero influíntes da crítica e dos lectores, e tamén á presenza de ilustradores españois coñecidos, como Antonio Santos.
O libro ten formato album, pero presentado en acordeón, permitindo que as ilustracións a dobre páxina sexan máis facilmente perceptibles, aínda que eu vexo algúns inconvenientes ao tratarse dunha lectura continua, aínda que son dificultades facilmente salvables.
Nunha liña estilística semellante á dos libros de Gonçalo Tavares, salvando as distancias de complexidade, tema e extensión, é unha obra na que os sucesos discorren cun ritmo que resultaría pesado de ter historias máis longas, e no que nin o os protagonistas xuzgan as súas accións nin a intervención do autor o fai por nós. É unha lectura que obriga a pensar na inevitabilidade de moitas cousas e no xeito en que un pode esperar os acontecementos da vida.

¡Ladrones! ¡ ladrones! -gritaron
un atardecer, y huyeron despavoridos
ante la aparición de unos hombres
armados y harapientos.

Ix los vio llegar y siguió lavándose
la cara en el río. Nadie puede robarle
nada porque su cabaña está semivacía.

Aquí o importante non está no individuo senón no social e isto tradúcese graficamente nunhas acuarelas plagadas de planos xerais.

Non rematamos nun final feliz, tampouco triste, a historia acaba como cabería esperar, todo o que non está determinado por principios inamovibles, todo o que dubida confunde e molesta, estamos máis cómodos coas certidumes.

Quizais deberas ler:

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP