Loading...
1.12.09

Un ano para a lectura


Cumprindo o seu compromiso electoral, o goberno aprobou o decreto que establece que o ano 2010 será o ano do libro e da lectura. Hoxe, día 29 de novembro, aparece o primeiro anuncio publicitario nos xornais.
A iniciativa vén continuar cos esforzos realizados ao longo dos últimos anos polos distintos gobernos, que no eido escolar recibiron un importante impulso coa inclusión de fondos suplementarios procedentes do goberno de Zapatero. Pero esta iniciativa que se concreta nun programa de inciativas que se poden descargar neste enlace con ANABAD, non pode ocultar o peche de moitas iniciativas do bipartito que este goberno estigmatizou e sacrificou, véxase o Culturgal como paradigma. Dados os antecedentes cabería prguntar como se van concretar a financiación para que a actividades puntuais non sexan flor dun día e teñan o seu reflexo nunha auténtica política de fomento dos hábitos lectores de todos os cidadáns galegos, o apoio ao sector industrial (Hai que incentivar, por exemplo, a existencia dunha infraestructura industrial competitiva que permita que os nosos editores produzan os seus libros aquí e non en Madrid, Portugal ou China), a extensión da rede de bibliotecas públicas e promover a súa presneza na vida das vilas e cidades na busca dos lectores, o apoio ás bibliotecas escolares, etc.
Eu propoñeríalle ao señor Varela que no eido da prensa aplique o que hai poucos días dixo con respecto ás subvencións á publicación de libros, promocione os xornais que se preocupan de darlle presenza ao libro galego cando non hai subvencións. Cantos son? Algún mesmo seguro que sacou subvención e publicidade encuberta.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP