Loading...
3.12.09

Outra vez as M'Alicias

Acaba de saír a nova edición do Libro das M'Alicias, un libro que había moito tempo que estaba desaparecido dos andeis por esas cousas que pasan no mundo editorial, no que demasiadas cousas son efímeras, e que ten o mérito de formar parte da selección dos cen libros españois representativos do xéculo XX segundo a selección realizada por encargo da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
O texto lévanos ao mundo do absurdo nunha evidente homenaxe de Miquel Obiols á Alicia de Carroll, e onde o simbolismo dos elementos ten importancia. Unha narración que non está suxeita a unha estrutura narrativa convencional polo que non cabe velo coma un álbum ilustrado senón máis ben coma un libro para lectores autónomos. Unha historia cun final aberto, tanto como as posibilidades que a ilustración de Miguel Calatayud lles ofrece aos observadores.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP