Loading...
23.11.09

Entre o barro de Medellín


Esta fin de semana lin o libro gañador do último Premio Nacional de literatura infantil. Búscarao na librería hai unhas semanas, pero xa se sabe que agora manda a novidade e segundo cal sexa merece un lugar de consideración ou non.
Que me gustou? Os personaxes, como se desvela a vida nos barrios marxinais e como se manifesta a marxinalidade dentro da marxinalidade, enténdase a muller e os nenos como marxinados entre os marxinados, a esperanza que transpira na solución, sen ocultar as dificultades, e a inexistencia de dramatismos.
Que non me gustou? As ilustracións de Xan López Domínguez. Penso que non se implicou no proxecto do libro, alomenos no interior.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP