Loading...
30.10.09

Prensa "independente"

Recollo de Brétemas este apunte, o segundo da semana que recollo doutro blog, unha boa mostra da prensa que temos. O suplemento literario de La Voz de Galicia recollía no suplemento do pasado sábado como o libro máis vendido o último de Dan Brown. Onde está o interesante da nova? Pois que a aquela altura o libro aínda non saíra á venda. Xornalismo independente de compromisos económicos e comerciais. Ha, ha, ha señor Fernández Latorre.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP