Loading...
31.10.09

Pedro Mañas gaña o Ciudad de Orihuela


Pedro Mañas foi o elixido para suceder a Los sueños del oso hormiguero de Beatriz Osés no Premio Ciudad de Orihuela de poesía para nenos do ano 2009. O seu libro titulado Ciudad del laberinto destacou sobre os 154 poemarios presentados, segundo apreciou de xeito unánime o xurado formado por Emilio Pascual, Beatriz Osés, Dolors Insa, Ana María Cayuelas, Antonio Rodríguez Barberá e Xosé Ballesteros. Destacaron a plasticidade e o humor co que o autor se achega no seu poemario á xeografía urbana.
Pedro Mañas é un xove licenciado en filoloxía inglesa pero cunha notable lista de galardóns literarios para a súa xuventude (28 anos), entre os que podemos destacar o Premio Vila D'Ibi de álbum ilustrado no ano 2007 e o Leer es vivir de Everest no 2008.
A próxima convocatoria deste premio, ao que só lle falta tempo para se converter nunha boa fonte de lectores e libros de poesía, os poetas xa están, coincidirá co centenario do nacemento de Miguel Hernández e sería de agardar un premio especial para conmemorar o oriolano máis universal de todos os tempos. Ao igual que hai editores que xa están traballando sobre edicións conmemorativas da efeméride e que con toda seguridade nos ofrecerán novas edicións, estudios, biografías e posiblemente algunha reedición dun libro esquecido, porque de algo hai que alimentar o monstro.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP