Loading...
26.10.09

Geronimo Stilton en galego

Destino publica agora, despois de tanto tempo, catro títulos da serie Geronimo Stilton, unha colección que circula entre os pequenos lectores de man en man. O fenómeno chega agora en galego coa desvantaxe de que os títulos están máis que trillados e agora búscase un nicho de mercado, como gusta de dicir agora, ao que un aínda non se chagara coa oferta. O malo é que este ano as partidas presupostarias para Normalización Lingüística nas escolas baixan nunha porcentaxe escandalosa, seica un 20%.
Non hai máis que ver o regueiro de novas que Xornal de Galicia recolle desde hai unhas semanas: contínuas baixadas de presuposto para dúas áreas como Cultura e Educación. Semella que son os dous departamentos en que se pode reducir inversión. Jesús Vázquez, co seu masoquismo enfermizo, converteuse no parapeto de todas as bofetadas de Núñez Feixóo. Roberto Varela vai afogar na diplomacia coa que manexa un departamento que gasta en subvencionar aos Amigos da Ópera da Coruña o mesmo que lles nega aos editores galegos para a tradución de libros ao galego e viceversa.
Pero volvendo aos libros, cabería dicir que quizais cheguen demasiado tarde. A aposta de moitas editoriais grandes pasa polo desprezo ao mercado en galego, certo que o hábito de compra de libros é pequeno, e iso xustifica algunhas políticas editoriais. Pero outras veces esa política pasa polo secuestro de dereitos e o impedimento de publicación. Hai algún tempo comentábamo a propósito dunha editorial madrileña de certo predicamento no mundo da literatura infantil.

3 comentarios:

  1. tes toda a razón, chega pero quizais tarde para moitos, non para o meu neno, oe, e os de Kalandraka reeditarán dunha vez ONde moran os monstros, coa película será un éxito de vendad imaxino, pero despois dalgún post que lín sobre a expresividade do texto en inglés creo que poden pasar, vouno comprar en inglés e en galego a ver, a edición castelá última pareceume un horror por irrespetuosa, en vertidal sen respectar o formato orixinal e medio cutre, imaxino que espabilará,, saudo, que chuliño tes o blog

    ResponderEliminar
  2. Eu xa teño a nova edición, é máis fiel graficamente e no papel á orixinal. En canto ao que dis do texto en inglés, efectivamente hai unha sonoridade, especialmente nos verbos, irreproducible a outras linguas. Da película, visto o que lin sobre ela no New York Times, creo que vou vela por amor á historia, pero nada máis.

    ResponderEliminar
  3. teño a nova edicón, compreina o luns, penso que recén chegada á librería, unha marabillosa edición, a verdade, pero quizais compre igual a versión en inglés ou busco o seu texto sen máis.

    ResponderEliminar

 
TOP