Loading...
2.9.09

Outro adeus

O remate do verán está a converterse nunha época cargada de adeuses, tristes adeuses todos, pero este aínda máis. Fóisenos Mario Merlino, aquel animador de tantos espazos educativos, tradutor das grandes figuras da literatura brasileira e portuguesa. O agasallo da súa voz grave con ese acento arxentino atenuado despois de tantos anos en Madrid non volveremos a escoitalo no rumor daquel bosque de Gredos co fondo das augas do río Arbillas, é ese? A cita que tiñamos establecida todos os anos para escoitalo na compaña de Jesús Marchamalo non vai poder cumprirse nunca máis.

Soa a Messe des fous.

O bosque no que revoan parte das cinzas de Pep Sempere gardará sempre un recunchiño de aire para que as súas exclamacións, interxecións, adverbios e preposicións sigan voando entre as pólas dos carballos e viva por sempre a súa voz.

Adeus e boa sorte, Mario.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP