Loading...
16.9.09

Miguel Calatayud Premio Naconal de Ilustración

O ilustrador alicantino Miguel Calatayud acaba de recibir o Premio Nacional por toda unha traxectoria artística tan intensa como interesante e variada. O estilo tan persoal onde as liñas e o xogo de intensidades cromáticas ten un papel esencial valeulle para traballar en terreos tan diversos como a ilustración infantil, a banda deseñada, o cartelismo.
Entre nós ten publicada algunha cousa e outras están a punto de saír, como a nova edición de El libros de las M'alicias. Das últimas cousas interesantes que fixo, lembramos o marabilloso abecedario que publicou con Kalandraka e saiu formando parella con outro de Pablo Otero "Peixe".Despois de tanta noticia triste, podemos celebrar unha nova que nos resarce dos feitos luctuosos que vivimos nas últimas semanas no mundo literario.

2 comentarios:

  1. merecidísio, este libros, este que ensinas é precisamente o único que comprei dobre para a casa, un para a nena e outro para o neno, fixen ben

    ResponderEliminar
  2. Concordo contigo Olivia. Coñezo moitos libros de Calatayud, pero para min este é o mellor, encerra unha riqueza icónica, cultural... dificilmente abrcable. É un libro sobre o que volvo para seguir descubríndoo coma se fose a primeira vez.

    ResponderEliminar

 
TOP