Loading...
26.9.09

Arredor da Banda deseñada e das xenreiras

Onte recibín via correo un enlace a un artigo de Vicente Molina Foix publicado na revista Tiempo no que descargaba unha batería de descalificacións contra a banda deseñada considerada coma unha das artes. Toda xeneralización leva consigo inexactitudes e inxustiza nas apreciacións. Pero o que de certo penso é que Molina Foix peca de incontinencia, escribe con trampas oratorias e pouca fundamentación, tamén cun pouco de xenreira, aínda que isto non deixe de ser máis que unha apreciación totalmente subxectiva. Como era de esperar as reaccións foron inmediatas nuns blogs e noutros.
Creo que non fundamenta as súas opinións en ningunha teoría crítica, non hai unha liña argumental para a descalificación global. E é precisamente aí onde se atopa a trampa oratoria, tecida sen finura, ao asociar a banda deseñada exclusivamente ás historietas, a Mortadelo e Carpanta. Un podería aceptar que non se pode comparar Lolita con Mortadelo e Filemón, pero non toda a banda deseñada son esas obras, hai moitas outras nas que o guión e a realización plástica son tan complexas como moitas obras literarias, que por certo tamén as hai moi simples e mal escritas. Podo descalificar a literatura polo feito de que determinada obra sen un gran mérito literario triunfe entre os lectores ou un autor menor reciba o Premio Nobel? Evidentemente, non. Podemos comparar unha película coa obra literaria en que se basa? Podemos despreciar o cine porque alguén recreou con pouco acerto un magnífico guión? Non me parece acertado que o señor Molina Foix pretenda utilizar como argumento o feito de que se instaurase un Premio Nacional para a banda deseñada e que para máis inri teña unha dotación económica idéntica á do resto dos premios nacionais. Paso sen querer ollar o tratamento que lles dá oas debuxantes de "monigotes", unha falta de respecto.

Sobre el cómic y la rabia

Ayer recibí en mi correo electrónico un enlace a un artículo de Vicente Molina Foix publicado en la revista Tiempo en el que descargaba una furibunda batería de descalificaciones contra el cómic, sus autores y su consideración como un arte. Toda generalización por fuerza conlleva inexactitudes y apreciaciones injustas.
Pero lo que de verdad pienso es que Molina Foix peca de incontinencia, escribe con trampas oratorias y poca fundamentación. Creo que también con un poco de rabia, aunque esto no deje de ser más que una apreciación mía. Como era de esperar las reacciones fueron inmediatas en unos blogs y otros. Creo que no aporta razones, non hay una sola línea argumental para la descalificación global. Y es precisamente en eso dónde se encuentra la trampa oratoria, tejida sin finura, al asociar el cómic unicamente con las historietas de Mortadelo y Carpanta. Uno podría aceptar que no se puede comparar Lolita con Mortadelo y Filemón, pero el cómic es mucho más que eso y Molina lo sabe perfectamente. En el cómic actual hay muchas obras en las que el guión y el dibujo son tan ricas y complejas como cualquier obra literaria, entre las que hay creaciones simples y mal escritas. ¿Podemos descalificar la literatura por el hecho de que una obra mediocre triunfe entre la gran masa de lectores o que un autor menor reciba el Premio Nobel? Evidentemente, no. ¿Podemos comparar una película con la obra literaria en la que se basa? ¿Podemos despreciar el cine por el hecho de que algún director haya destrozado un buen guión basado en una magnífica novela? No me parece acertado que el señor Molina Foix pretenda utilizar como argumento el hecho de que se instaurase un Premio Nacional de cómic y que, para más inri, tenga la misma dotación económica que el resto de los premios nacionales.
Para finalizar, mejor pasar de puntillas sobre la referencia a los dibujantes de "monigotes", una falta de respeto.

2 comentarios:

  1. sorprendida quedei, e iso que acabo de ler sobre o bo futuro da novela gráfica, non sei onde, e enriba falo dun libro que me encantou, gráfico, o que ti dis...

    ResponderEliminar
  2. Creo que hai días que un non debería sentarse a escribir.

    ResponderEliminar

 
TOP