Loading...
3.7.09

Estou lendo...

Na mesma liña do libro que hai algúns anos publicara en Xerais, un libro graficamente impecable no que se xoga coas comparacións e as analoxías gráficas, as texturas, as formas. A viaxe dunha araña polo corpo dunha nena. A araña e máis eu - Fran Alonso e Manuel G. Vicente
Como unha ratiña pode transformarse en cousas diferentes con só pintar o seu corpo de verde ou de rosa... Grisela - Anke de Vries

La época de Botchan é outra das cousas que me recomendaron para ler con tempo en Generación X, os meus suministradores de BD de culto. Hai que ver o que costa mudar a direción de lectura, grrrr!! La época de Botchan - Jiro Taniguchi e Natsuo Sekikawa.

As novelas de Domigo Villar espertan o sorriso, cando non a gargallada, especialmente ese choque de mentalidades entre o pequeno delincuente galego e o policía zaragozano. Novela policiaca. Ollos de auga - Domingo Villar.

2 comentarios:

  1. O segundo mellora moitísimo. Non deixes de ler A praia dos afogados. O policíaco dun galego que non ten nada que envexar a outros policíacos.

    ResponderEliminar
  2. sen palabras,
    respecto a Juttas Bauer a min tamén me pasa, mirei na biblioteca nodal de lubo e teñen de peter stamm "en jardines ajenos", non sei se terei moito tempo de ler, pero apunteino para pedilo na próxima vista. Destes teño o primeiro de Botchán, e o segundo, pero ¿ti podes crer que aínda non o lin? empecei pero como tardaba en entrar nel deixei-no quedar e ata hoxe, creo que o primeiro tomo en cómic saiu xa hai case cinco anos, ains. Pero lembro a túa recomendación da novela en sí, se non lembro mal, e teño-o aí nunha lista. Bo verán.

    ResponderEliminar

 
TOP