Loading...
12.6.09

Na TVG xa non abren libros?

Coma se o panorama fose vizoso, acabo de ler en Brétemas que perdemos o único programa de libros que tiñamos na televisión pública dos galegos. Non é que o formato fose unha marabilla nin que o horario no que se programaba, tamén co equipo rector anterior ,fose unha invitación a que os espectadores se sentasen a ver un programa de libros, pero aí estaba. Na canle internacional podía verse a un horario máis razoable. Mal casa esta iniciativa coa intención de adicarlle un ano á lectura que aparece no programa do goberno.
Semella que hai quen non quere deixar pedra sobre pedra. Estamos ante a demostración de que as revolucións poden facrse desde o goberno sen movementos de masas. Son tempos en que a fe ocupa o lugar da razón e cos votos se pretende lexitimar calquera acto, pero non é a forma de acceso o que lexitima o poder, senón o seu exercicio respetuoso para os que non comparten os seus principios. Non hai máis que irse setenta anos atrás na senda da historia para comprobalo.

2 comentarios:

  1. O tema do suposto desmantelamento dos programas culturais da TVG está cheo de imprecisións e demagoxia. Xa estamos chorando antes de que anuncien oficialmente que os retiran. E esto vai pola prensa, que da por mortos programas só porque en anos anteriores a estas alturas xa sabían se despóis do verán seguían ou non. Que vaian a TVG na busca dunha confirmación oficial e que a publiquen, home.

    ResponderEliminar
  2. Sabes que non sempre se dan confirmacións oficiais das retiradas de programas ou ceses de responsables porque as cousas da política son así. Cando están na oposición unha cousa e cando están no goberno outra. Ás veces incluso se disfrazan de razóns de índole varia para non deixar sobre o papel o que están a facer. Había certo aire fresco que fora entrando con MOITAAA PARSIMONIAAA, pero que estos arrincan coma auténticos vendavais.
    Contradición esta co prometido ano da lectura para o vindeiro 2010. Tampouco é que os anteriores fosen un espello no que mirarse porque tamén tiñan os seus amiguiños aos que engordaban con contratos millonarios.

    ResponderEliminar

 
TOP