Loading...
16.6.09

Cidades


Sei que chego con retraso, non é infrecuente, pero un sempre se sente feliz de achegarse a libros diferentes.
Cando un atopa unha orixinalidade, adoita caer en dulcificacións da opinión e en aceptación de cousas que non son merecedoras de considerarse estimables máis alá do feito de buscar un novo enfoque no tratamento dos temas ou unha visión orixinal sobre as cousas.
Se a min me fixesen o encargo de escribir sobre unha cidade, non sei moi ben cal sería o enfoque que adoptaría para facerlla interesante aos pequenos lectores, e tamén, por que non, aos adultos. Pero a decisión que
Taro Miura tomou ao recibir, imaxino que así sería, o encargo do editor de Media Vaca para escribir sobre Tokio, convertiu o libro en algo orixinal e coherente ao longo de todas as páxinas.
O plantexamento é case didáctico. Primeiro introduce unha especie de tormenta de ideas arredor do coñecemento acumulado por diferentes personaxes sobre a capital do Xapón. A partir de aí, o contraste coa realidade representada por unha viaxe e unha serie de cartas que o autor lles escrebe ao editor, a súa muller, a deseñadora da coleción e outros personaxes que se me antollan recoñecibles. Pero non creades que o que nos presenta de Tokio é unha guía de monumentos, pratos típicos ou lugares turísticos. NON, fala dos pequenos detalles que poden resultar sorprendentes porque son nimios, pero nos que calquera persoa que teña viaxado alí se lle fan familiares. Lonxe de buscar as visións impactantes, grandiosas ou monumentais, escolle a observación de pequenos elementeos da cotiáns. As máquinas de bebidas que podes atopar en calquera recuncho das rúas de todo o Xapón, o regalo de panos de papel aos viandantes, etc.Un libro interesante de seu pero máis se o tomamos como modelo para realizar aproximacións a outros aspectos da realidade que caracterizan os lugares onde vivimos.


Ciudades

Sé que llego con retraso, algo que no es infrecuente en mi, pero uno siempre se siente feliz de encontrarse con libros diferentes.
Cuando uno se encuentra con la originalidad acostumbra a dejarse llevar por una cierta benevolencia y dulcifica las opiniones sobre el objeto de la observación, acostumbra a dulficar el rigor crítico y a dejar pasar cosas que en circunstancias diferentes serían inaceptables.
Si yo recibiese el encargo de escribir sobre una ciudad, no sé que enfoque adoptaría para hacerla atractiva para los jóvenes y también, porque no, a los adultos. Pero la decisión que Taro Miura tómó al recibir, pues imagino que así sería, el encargo del editor de Media Vaca de escribir sobre Tokio, ha hecho de este libro algo original y coherente a lo largo de todas sus páginas.
El planteamiento es casi didáctico. Primero introduce una especie de torbellino de ideas sobre el conocimiento previo que tienen algunos personajes sobre la capital de Japón. A partir de ahí, el contraste con la realidad representado por un viaje y una serie de cartas que el autor escribe al editor, su mujer, la diseñadora de la colección y otros personajes que se me antojan reconocibles. Pero no creáis que la visión que nos da de Tokio es una guía de monumentos, platos típicos o lugares turísticos. NO, habla de los pequeños detalles que pueden resultar sorprendentes porque son nimios, pero resultan muy reconocibles para cualquier persona que haya estado allí. Lejos de intentar ofrecer una visión impactante, grandiosa o monumentales, escoge lo observación de pequeños elementos cotidianos: las máquinas de bebidas en cualquier esquina de una calle, el ofreciemiento de los pañuelos de pepel como regalo publicitario a los viandantes, etc.
Un libro interesante de por si, pero más si se toma como modelo de aproximación a nestra propia realidad.
Otro libro de Taro Miura

2 comentarios:

  1. eu tamén descubro libros que non son de agora, este xa o teño desde que saiu, estaba en plena fase xapaonesa e creo que aínda non saín dela, parece-me a min que andamos todos un pouco cun ollo neles
    Bo verán! vou uns días ás nosas Rías Baixas, a ver se acompaña o tempo

    ResponderEliminar
  2. Ante todo, boas vacacións e boa estadía polo mar.
    Indo ao tema da entrada, sorprendeume moito o tratamento e non me resistín a comentalo. De feito, xa dixen que me ensinen o de Zaragoza para ver se o tratamento é semellante.

    ResponderEliminar

 
TOP