Loading...
30.5.09

Coellos e nenos

Xa puiden ler detidamente os dous últimos libros de Bárbara Fiore que merquei. Xa levan algún tempo nas librerías, unhas semanas, pero agardei por tempos máis sosegados para "diseccionalos" con prudencia, detemento e en extensión.
Os dous libros teñen certas características expresionistas, máis reforzadas no caso de La señora y el niño onde se reforza a través do cromatismo o texto.

Los conejos é unha historia de colonización que tanto polos personaxes escollidos para protagonizar a historia como pola procedencia dos seus autores nos leva a pensar en Australia onde os coellos causaron unha catástrofe ecolóxica. Non coñecía as obras de John Mardsen, a páxina de Bárbara Fiore non menciona ao autor do texto, pero acabo de ver que en Australia ten moitos libros publicados e que SM ten publicado un deles (non aparece na súa web, que por certo é ben incómoda) titulado Mañana cuando empiece la guerra.
A ilustración lévanos desde un país que era colorido e alegre cando os coellos chegaron a el, e que foron convertendo nun país gris e desolado a medida que a súa conquista avanzaba. Conta unha historia lineal que non ten un desenlace no texto, senón que remata cunha pregunta.





Pero a ilustración realmente magnífica é a de Katje Vermeire. As texturas, o manexo da cor, as composicións, as dimensións dos personaxes e os puntos de vista son magníficos. A única ruptura da uniformidade cromática ven representada polo personaxe do neno e un gato. A figura da muller permanece sen rostro definido ata o final da historia, no momento en que a distancia entre a muller e o neno se rompe. O texto conta unha situación frecuente, o medo ao descoñecido e como ese mesmo medo, terror ás veces, resulta irresistiblemente atractivo para o personaxe que o sofre.
Persoalmente paréceme máis interesante este libro que Greta la loca, que tamén publicara a mesma editorial. Pero para que vexades unha proba dalgunha cousa máis, déixovos a portada deste libro..

De conejos y niños
Por fin he podido leer detenidamente los dos últimos álbumes de Bárbara Fiore que he compraod. Lle van algún tiempo en las librerías, unas semanas, pero he esperado tiempos más sosegados para "diseccionarlos" con prudencia, detenimiento y en extensión.

Los dos libros tienen ciertas características expresionistas, más acentuadas en el caso de La señora y el niño dónde se refuerza el texto a través del cromatismo.

Los conejos es una historia de colonización que, tanto por los personajes escogidos para protagonizarla como por la procedencia de los autores nos lleva a pensar en Australia donde los conejos llevados por los británicos causaron una catástrofe ecológica. No conocía las obras de John Mardsen, la página de Bárbara Fiore lo ignora, pero he podido ver que en Australia tiene una obra extensa y que SM ha publicado uno de ellos en la colección Gran Angular (que por cierto no aparece en su web, que además es muy incómoda) titulado Mañana cuando empiece la guerra.




Pero la ilustración realmente magnífica es la de Katje Vermeire. Las texturas, el manejo del color, las composiciones, las dimensiones de los personajes y los puntos de vista son sobresalientes. La única rupturade la uniformidad cromática es la de las figuras del niño y de un gato. La cara de la mujer protagonista permanece sin rasgos definidos hasta el final de la historia, hasta que la distancia entre los protagonistas se rompe, con lo que se acentúa la incertidumbre sobre su carácter y permite que acompañemos la percepción del niño.
El texto cuenta una historia frecuente, el miedo a lo desconocido, lo diferente, y la contradicción entre ese sentimiento y la irresistible atracción que ejerce.
A única ruptura da uniformidade cromática ven representada polo personaxe do neno e un gato. A figura da muller permanece sen rostro definido ata o final da historia, no momento en que a distancia entre a muller e o neno se rompe. O texto conta unha situación frecuente, o medo ao descoñecido e como ese mesmo medo, terror ás veces, resulta irresistiblemente atractivo para o personaxe que o sofre.
Creo sinceramente que este libro es más interesante que Greta, la loca, también publicado por la misma editorial. Además os dejo otra muestra del trabajo de la ilustradora, la portada de este libro.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP