Loading...
18.5.09

Arriba e abaixo

Coñecín a Paloma Valdivia polo seu traballo na antoloxía de versos de Gabriela Mistral que se publicou en Faktoría K de libros. En Chile ten algúns libros publicados, pero en España foi o seu primeiro traballo (Busquei máis cousas súas, pero non atopei nada). Agora acaba de publicar unha divertida historia en Kalandraka titulada Os de arriba e os de abaixo. Para ir abrindo boca antes de falar do libro, déixovos esta presentación que está no seu blog.

Os de arriba e os de abaixo é unha historia en espello a través da que se reflexa a diversidade do mundo a través do concepto de antípodas. Os de arriba ven diferentes aos de abaixo e os de abaixo aos de ariba, pero a invitación a que se lle dea a volta ao libro fainos entender que realmente as dúas partes do mundo son iguais, aínda que con ritmos temporais diferentes. O único que non se dá é a simultaneidade, pero en todo o demais, os de arriba e os de abixo son exactamente iguais.
A ilustración expresa diferencias nas formas, cores, personaxes, pero os actos que representa son idénticos.

É unha historia sinxela, contada con frases simples, cunha ilustración clara e supoño que é toda unha explicación de como unha ilustradora do hemisferio sur expresa os cambios que supón trasladarse ao norte. Por que o noso nadal se representa con neve se aquí é algo estraño? Como concebir recibir os Reis na praia a 35ºC? Creo que esas sensacións estrañas son as que están dalgún xeito na orixe deste libro.


Arriba y abajo

Conocí a Paloma Valdivia por las ilustraciones que hizo para la antología de versos de Gabriela Mistral que publicó Faktoría K de libros. Creo que en Chile tiene un par de libros publicados, pero en España es su primer trabajo (Busqué si tenía algo más aquí sin encontrar nada). Ahora se ha publicado una hermosa y divertida historia en la que además de ilustrar es autora del texto. Para ir abriendo boca antes de que hable del libro, os dejo esta presentación que he encontrado en su blog.




Los de arriba y los de abajo es una historia en espejo através de la que se refleja la diversidad del mundo, una diversidad que se manifiesta en lo geográfico (el concepto de antípodas). Los de arriba perciben a los de abajo como diferentes y viceversa, pero la invitación a que se dé la vuelta al libro nos hace ver que en realidad las dos partes del mundo son iguales.
La ilustración expresa diferencias en las formas, colores, personajes, pero los actos que representa son idénticos.Es una historia contada con frases sencillas, una ilustración clara y supongo que es toda una explicación de como percibe los cambios un habitante del hemisferio sur cuando se traslada al norte. ¿Por qué representamos la navidad con nieve cuando ni la conocemos? ¿Cómo concebimos recibir a los Reyes Magos en la playa y a 35ºC de temperatura? Simplificando, creo que son esas extrañas sensaciones las que explican este libro.

3 comentarios:

  1. Me gusta moito o teu blog.Son a filla de Carlos.Bicos.

    ResponderEliminar
  2. ALégrome de que che guste, Helena

    ResponderEliminar
  3. Teño un blog de literatura.

    http://valordelaspalabras.blogspot.com

    ResponderEliminar

 
TOP